20/1/09

Enquisas do curso 2007 - 2008

Durante o curso 2007-2008 os alumnos do IES Canido foron consultados, a través dunha enquisa, sobre os seus hábitos de reciclaxe. Do total das preguntas de que consta a enquisa seleccionáronse tres que poden considerarse representativas dos hábitos do alumnado:
  • Reciclas na casa? (pregunta obrigada)
  • Que fas co aceite usado?
  • Depositas as pilas esgotadas en contenedores de reciclaxe axeitados?
Os resultados obtidos foron os seguintes:
  • Un 40% dos alumnos reciclan a diario na casa.
  • Só un 28% dos alumnos sabe o que debe facer co aceite usado.
  • Un 76% dos alumnos reciclan correctamente as pilas vellas.