A sostinibilidade na aula é a forma de considerar a aula como un espazo para:
- Fomentar a convivencia.
- Aforrar enerxía.
- Dispoñer os residuos para que poidan ser reciclados.
- Respectar o mobiliario.
- Fomentar a orde e a limpeza.
- Fomentar as iniciativas e a creatividade dos alumnos.
O concurso "Aula máis sostible" está pensado para que os alumnos acaden uns hábitos máis sostibles no seu quefacer diario; para esto establecéronse unha serie de tarefas e normas que cada grupo, en conxunto, debe cumplir durante o tempo que dure o concurso (do 1 de decembro ó 16 de maio).
Periódicamente realizarase un seguimento dos grupos no que, en función dos obxectivos cumplidos, acumularán unha certa cantidade de puntos. O grupo que acade un maior número de puntos ó finalizar o concurso será premiado cunha excursión a un lugar de interese ambiental.
Alumnos ós que vai dirixido: 1º e 2º ciclo da ESO.
Bases do concurso:
- Os alumnos terán que elaborar e colocar na aula un mural cun lema que promova o desenvolvemento sostible.
- A valoración do xurado será feita tendo en conta:
- Luces apagadas.
- Colectores en bo estado.
- Cada residuo no seu colector.
- As ventás pechadas os días que se encende a calefacción.
- Limpeza das mesas e cadeiras.
- O ruido ambiental da aula.
- Colector para recoller o papel usado por unha carilla e que poida ser reutilizado.
- O respecto entre as persoas.
- Calquera outra iniciativa dos alumnos en busca da sostibilidade.
- A calidade, creatividade e contidos do mural.
Periódicamente, e sen previo aviso se revisará o estado das aulas e publicaranse os resultados.