31/3/09

Concurso de Reciclaxe

Como no curso anterior, este ano volvemos a facer outro concurso de construción de obxectos empregando material reciclado. Se o ano pasado había que construír unha maqueta este ano o que faremos e crear xoguetes e instrumentos musicais utilizando exclusivamente materiais reciclados.

Pode participar calquera alumno do centro (especialmente os que participades nas actividades e concurso de Axenda21).

A data límite para entregar o xoguete ou instrumento musical é o 30 de abril.

Podédesvos axudar do seguinte enderezo web para crear os xoguetes (imaxino que haberá moitas máis páxinas deste estilo): www.ensaimadamalabar.com

No hay comentarios: