A semana pasada fixemos unha saída medioambiental á praia de Doniños; o obxectivo desta saída era a eliminación da maior cantidade posible de carpobrotus. Esta planta é unha especie invasora do noso litoral que se espalla rápidamente polas nosas praias e costas desprazando ás plantas autóctonas.
A extracción desta especie é unha tarefa laboriosa pois é unha planta rastreira moi longa que se debe extraer enteira (dende a raíz) para evitar que rebrote. Ademáis e fácil que se orixinen cortes ao tirar da planta polo que é necesario levar guantes.
Uns días antes de poñernos mans á obra avisamos ao Concello para que dispuxese colectores axeitados para a recollida desta planta na praia; ao final da mañá tiñamos catro colectores cheos de carpobrotus.
Esta actividade realizárona os alumnos de 3º ESO A do IES Canido conxuntamente con alumnos de 1º ESO do IES Catabois. Na primeira avaliación xa realizamos unha experiencia similar nesta praia con alumnos de 1º do IES Canido e de 1º Bacharelato do IES Concepción Arenal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario