24/3/09

FOTOGRAFÍA DE 3º ESO a COA MESTRA DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA JUANI ( juana pardo )



O día 24 de marzo acudimos á praia de doniños para eliminar unha planta invasora que cobre todas as dunas das nosas praias. Esta planta é procedente de África. Este día colaboramos xunto con Juani, outro colexio de catabois e outros mestres xa como dixen antes, á eliminación que cobre as dunas das prais: doniños, santa comba, ponzos... Ao final debimos de recoller 4 contenedores de basura e así polo menos tivemos a ocasión de axudar ás nosas plantas autóctonas a que teñan máis facilidade para crecer en liberdade. Tamén algunha xente tivo ocasión de ver réptiles nun trozo de praia na que era tan mínima a contaminación, que a auga e as rocas estaban limpas, era o contrario de como estaba cando o accidente do prestige se acumulou nas praias de Galicia. Esperemos que coa nosa axuda e coa colaboración de todos, Galicia poida ser un lugar cheo de natureza.


Con isto queremos dar as grazas a Juani por levarnos a axudar ás nosas praias e que queden limpas para toda persona, turista, etc. que acuda a Ferrol na época de veran ou calquera outra.


Proximamente outros temas de interese, excursións, enquisas, etc.

No hay comentarios: