Hoxe, día 22 de Abril, celébrase o día internacional do noso planeta Terra, esforzo que reúne a máis de 5000 grupos conservacionistas en 180 países, con miras a centrar a atención internacional frente aos males que que hai no noso planeta e as súas posibles vías de solución.
Uns dos moitos problemas que acechan ao noso planeta son:
·Redución da Capa de Ozono, causado por contaminantes que son tirados á atmosfera,particularmente gases refrixerantes.
·A choiva acida causada polo dióxido de azufre das insdustrias, afectando a composición so chan e as augas, afectando a vida sobre o planeta.
· O lixo, por exemplo, é un dos grandes males,porque acumuláse en tódolos espacios do planeta.
·Contaminación atmosférica, millóns de vehículos aportan día a día tneladas de gases que deterioran a calidade do aire e o fan menos respirable.
·Extinción de Especies. Aredor do 15% das aves e do 25% dos mamíferos do planeta encóntranse amenazados.
·Deforestación. Cerca de 170 mil km2 de bosques desaparecen anualmente.
Estes son uns poucos dos moitos problemas que sofre o noso planeta Terra.
A idea de este día é a de reflexionar e xerar coinciencia, para impulsar accións en torno a problemática ambiental e a preservación do noso planeta.
Agradecemos a vosa atención e esperamos que con esta entrada póidase enteirar moita xente de que este día existe e é moi importante coidar o noso planeta.
Seguimos coa aula sostible...
un saúdo,os de 3ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario