21/4/09

O alumnado é o protagonista

"O alumnado é o protagonista" é a denominación que recibe unha das actividades propostas no programa Axenda 21 Escolar de Galicia para os centros de ensino participantes. Os alumnos participantes deben elaborar, en coordinación cun profesor, unha actividade que promova a sostibilidade, por exemplo a presentación dunha mensaxe sostible ou de como se organizan no comité ambiental.

Dende o IES Canido presentamos tres propostas ( o máximo que establecían as bases da convocatoria):
  • Expertos medioambientais da fauna galega (3º ESO)
  • Especies vulnerables e cambio climático (1º BAC)
  • Ruta de auga na nosa cidade (2º ESO)
Todos os alumnos participantes recibirán un pequeno agasallo tras a exposición dos traballos no "Encontro de Axenda21 Escolar de Galicia" que terá lugar o 14 de maio. Ademáis, o grupo máis participativo será premiado cunha fin de semana nun equipamento Medioambiental.

No hay comentarios: