1/4/09

Día Mundial da Auga

Durante a semana do 23 ao 27 de marzo expúxose no centro o material didáctico elaborado polos alumnos para conmemorar o Día Mundial da Auga (22 de marzo). Entre o material mostrado cabe destacar as presentacións de diapositivas, os xogos de mesa (con temática medioambiental) e os cartéis que nos recordaban a importancia deste recurso fundamental para a vida e nos invitaban a facer un uso responsable do mesmo.

Como colofón instalouse na entrada do instituto unha rede de pesca que contiña, en botellas de auga de litro e medio, o consumo medio que fai unha persoa por día. A carón desta rede, a presentación informática e os panéis informativos recomendábannos unha serie de medidas que podíamos aplicar para facer un uso sostible deste recurso.









No hay comentarios: