Mencionar a palabra auditoría implica, case automáticamente, que nos veña á cabeza a seguinte situación: enormes libros de contabilidade sendo revisados minuciosamente por un estrito funcionario; pero a orixe desta palabra fai referencia a labor de escoitar as probas sobre un feito concreto para posteriormente xulgar a veracidade do mesmo. Así, se nunha auditoría contable se estudan os rexistros contables para verificar os datos que conteñen, nunha auditoría ambiental analízase a política ambiental dun centro para ver si realmente é respetuosa co medio ambiente.
Unha auditoría medioambiental (ou ecoauditoría) é unha ferramenta destinada a avaliación ambiental dun centro, organización ou empresa coa finalidade de mellorar a sua situación medioambiental. As ecoauditorías permítennos reflexionar sobre o consumo de recursos naturais, a produción de residuos, as relacións co contorno e a organización do espazo; detectando os erros cometidos na xestión e aplicando medidas de corrección que nos leven a mellorar a calidade ambiental.
Durante este curso, dentro das actividades programadas na Axenda21 Escolar, realizamos dúas ecoauditorías no centro, unha sobre o uso da auga e a outra sobre o consumo enerxético. Os modelos que seguimos para realizar estas auditorías son os seguintes:
ECOAUDITORÍA DA AUGA NUN CENTRO ESCOLAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario