Ben, tras moitas semanas de intentar ter a clase máis limpa, de reciclar, de involucrarnos moito nos temas da axenda 21,aula sostible...Querémosvos comunicar que a sorte xa está botada, que os mestres que están participando na axenda 21 están reflexionando, e tras varios días comunicarannos o veredito.Dende a nosa clase de 3ºA queremos manifestar que nos gustou participar neste proxecto, que pedimos facelo tamén o ano que ven e que se Juani se queda pois motísimo mellor.Tamén queremos falar do que se involucrou a xente neste proxecto( unha máis que outra), e da aceptación que tivo isto en tódalas clases, porque sen esta participación non poderiamos chegar a isto.Queremos anunciar que tamén seguiremos tólodos xoves a poñer o noso posto de postres caseiros, nos dous recreos na entrada.Ben, e nada máis daros moita sorte a tódolos participantes e que gañe o mellor.
Un saúdo, os de 3ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario