15/5/09

Encontro intercentros A21E "O Alumnado é o Protagonista"

Onte reunímonos no pazo de congresos de Pontevedra moitos dos centros participantes na Axenda 21 Escolar de Galicia. O motivo desta reunión foi a exposición por parte do alumnado dos traballos presentados ao concurso "O Alumnado é o Protagonista" e a entrega de premios os mellores lemas, poemas e mascotas presentados a concurso.
Os nosos alumnos que presentaban proxecto (2º ESO, 3º ESO e 1º Bacharelato) desenvolvéronse perfectamente e as súas exposicións tiveron unha grande aceptación entre o público asistente aos seminarios. Lamentablemente, o xurado considerou outras opcións á hora de premiar o mellor traballo.
De todas formas non volvemos coas mans baleiras, o noso instituto foi un dos triunfadores da xornada ao recibir dúas das alumnas participantes na axenda21 os seguintes premios:
  • Sara García (1º ESO B) - 1º Premio no Concurso de Lemas
  • Tamara Vidal (1º ESO A) - 2º Premio no Concurso de Poemas.

No hay comentarios: