Algúns dos traballos que realizaron os alumnos para o proxecto interdisciplinar (carteis, xogos de mesa, etc) foron expostos no centro con motivo do día internacional da auga (ver pase de diapositivas no menú da dereita).
Os obxectivos que se pretenden acadar con este proxecto son:
Recoñecer e valorar a importancia da auga como recurso imprescindible, tanto a nivel vital como no sistema urbano actual.
Orientar as actitudes de uso da auga cara a outras que fomenten o aforro, o seu uso máis racional e ecolóxico.
Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga que utilizas na cidade, dende a súa captación ata a súa devolución ao ciclo natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario